O outro día cada un trouxo unhas poucas flores da súa casa e acabamos tendo un ambientador natural e moito colorido na clase :D
Empregamolas para facer varias propostas: observalas, cheiralas, clasificalas por cores, buscar o seu nompe e propiedades no Inventario de flores de Kalandraka, etiquetalas, e facer a súa gradación de cores empregando a caixa de cores de Montessori.
Esta actividade encantoulles e deunos pé a pensar cousas como por exemplo: as flores curan? e cómo temos que tomalas? crudas? cociñadas? uummmm... teremos que seguir investigando :D
Ningún comentario:
Publicar un comentario