mércores, 25 de outubro de 2017

TEMOS UNHA INVASIÓN DE MOUCHIÑOS!!

Con motivo do Outono temos unha invasión de mouchiños na clase! 😄


BIQUIÑOS DE GNOMO

Hoxe Enara, por mor de estar tratando na aula os medos e monstruos, trouxonos un libro xenial. Nel contábanos a historia de diferentes seres fantásticos: Fadas, Gárgolas, Ents, Xigantes... Sen dúbida os que máis nos gustaron foron os Gnomos.



Falando destes xurdiu unha pregunta: sabedes como son os bicos dos gnomos?? Pronto se puxeron por parellas para bicarse ó estilo gnomil. Foi moi divertido! Qué cóxegas no nariz!!



Moitas grazas Enara! Encantounos! 😄

UMMMM... SOSPEITOSO...


PISTA: de medo vai a cousa...

FÓRA DE AQUÍ HORRIBLE MONSTRUO VERDE!!

En Amorín temos unha árbore moi especial. Unha árbore dos contos! A profe atopouna seca nun bosque e nós decidimos enchela de cores para que se puxese boa. Pois resulta que a base de aloumiños, moita máxia e cantarlle cancións... a árbore non da mazás, da contos!!!




Van crecendo pouquiño a pouco nas ramas. Sabémolo porque os vamos medindo tódolos dias cando nacen para saber canto lle falta para chegar a ser conto.

Pois resulta que este mes deunos o conto de ''Fóra de aquí horrible Mounstro verde!'' O cal nos encantou e nos encheu de curiosidade sobre todo o relacionado cos medos: monstruos, escuridade, bruxas, pesadelos... por iso iremos formando un pequeno recuncho na aula para afondar un pouquiño neste tema.


RONDA DE MERENDAS

Este ano en Amorín comezamos coa iniciativa promovida en todas as escolas do CRA Mestre Manuel Garcés: A figura do Panadeiro. Así, tódolos días o Panadeiro traenos a nosa merenda. Por iso, na nosa aula, ademáis de ter o encargado do día (que pasa lista, encargase de poñer o calendario, o tempo...), tamén temos outros encargados que desempeñan a súa función durante unha semana enteira. Estes son: os cociñeiros, que se encargan de preparar a merenda (montar os bocatas, calentar o leite no microondas, preparar os iogures...), os camareiros, que se encargan de repartir os manteis, vasos, culleres..., e os limpiadores, que son os encargados de limpiar a mesa e o chan. Logo cada ún  recolle e limpa o seu servizo.

A verdad e que os pequenos están super emocionados con todo o proceso: recibir ó panadeiro, preparar a merenda, servir, limpar, facer reconto das moedas para pagar ó final do mes... Está resultando ser todo un éxito!

Aqui vos deixo algunhas capturas de diferentes días







E cando todo está listo... A MERENDAAAAR!!




ÁS VOLTAS CO OUTONO

Durante estes días, estivemos xogando por rincóns con actividades relacionadas co Outono. Nas diferentes estacións-rincón exercitábamos diferentes aspectos: motricidade fina, lectoescritura, lóxico-matemática, orientación espacial... Aqui vos deixamos unha mostriña :)

Atopamos a grafía na pinza correspondente

Reproducimos a grafía

Creamos Acrósticos con palabras do Outono

Asociamos as follas co color correspondente

Clasificamos


Reproducimos series con froitos do Outono

Creamos Mandalas

Traballamos as cores do Outono, a orientación espacial e a motricidade fina

DEBULLAMOS MILLO!!

Estamos a aprender un montón de cousiñas sobre o outono :)
Fai uns días probamos a experimentar cunha das cousiñas que nos trouxeron as familias: O millo, o que tanto lle gusta ó polo Pepe!! Despois de investigar e experimentar un pouco con el, aprendimos a abrilo e debullalo, traballando así a nosa motricidade fina. A profe deuse conta de que este pequenos xa son todos uns expertos!!

Agora temolo gardadiño para aproveitalo para outras cousiñas que xa vos iremos ensinando por aqui... :)









mércores, 11 de outubro de 2017

FUMOS VISITAR A IRIS!!

O pasado Luns foi un día moi especial, xa que foi un día de convivencia cos nenos e nenas das escolas de Carregal e Seixo 3 para irmos xuntos á bilioteca do cole, xa que levabamos todo o verán sen visitar a Iris!!

O día comezoU con xogos e bailes de presentación para coñecernos e espertar un pouco movendo o esqueleto. Logo subimos todos xuntos á casiña de Iris, é dicir, á biblioteca, onde lle dimos todos moitos mimiños e unha superaperta! Logo a profe Rebeca contounos un conto moi divertido: Amelia quere un can.


Despois de coller cada un o noso conto, merendamos todos xuntos e xogamos no parque novo do Seixo, que é espectacular! Enchemonos de xogar polas súas costas, terraplens, tubos soterrados...




De camiño ó mecado, fixemos unha parada para ver a escultura da artista Liliya Pobornikova. Foi feita cun carballo, unha desas árbores que estivemos tratando na aula estes días, a mesma da que saen as landras! Logo tratamos de atopar a firma da artista, que estaba algo agochada, e despois de trepar un pouquiño... atopámola! :)



No mercado visitamos os diferentes postos: a panaderia, pescaderia, carnicería... Para esta última tivemos a grande sorte de ter un invitado especialista no tema na nosa aula,  grazas a el quedounos todo perfectamente entendido :)



Foi un día xenial que todos disfrutamos moitísimo. Quedamos todos con moitas ganas de volver a facer unha convivencia e coñecer a máis compañeiros :)

Grazas en especial á profe Rebe! Que foi a que nos guiou nesta saída e nos explicou un montón de cousiñas novas!





xoves, 5 de outubro de 2017

Probando, probando...

O Blog de Amorín volve á carga!

Un novo curso comeza e con el moitas ilusións e propósitos, un deles por de novo en marcha o blog para podervos mostrar ás familias as cousiñas que ímos facendo no cole. Como son un pouquiño novata nestes lares, espero ir aprendendo día a día un pouquiño máis sobre a súa xestión e así poder actualizar máis habitualmente.

Aquí vos deixo unha das cousas que fixemos os primeiros días: o cartel co nome da nosa escola :)




Unha forte aperta!