martes, 26 de febreiro de 2019

PICNIC

Hoxe aproveitamos o bo tempo para sacar a nosa merenda ó patio e facer un PICNIC!! Ademais, a mamá de E. tróuxonos cousiñas para facer unha merendola en condicións: froitiña y algunhas lambonadas...

Nos mesmos preparamos todo o necesario no noso carriño, que como moitos dicían: Nin que fósemos a Portugal de viaxe! O noso mantel, auga, zumiños, fixemos os bocatas... estamos preparados xa para as carreiras!


Moitas grazaaaaaaas a familia de E.!! :D










O MARTES....









luns, 25 de febreiro de 2019

COMEZAMOS A SEMANA COAS ORDES DO MECO :D





COSTUREIROS

A profe Lorena propúxonos facer unha actividade moi bonita para preparar unha sorpresa para o día das letras galegas. En Amorín xa estamos coas mans na masa...

Non vos podemos dicir aínda moito, só que estamos mellorando moito as nosas técnicas costureiras :D












TEMOS UN COMPOSTEIRO!


Dende que a semana pasada, dérannos unha charla en Vilameán sobre os composteiros, en Amorín estabamos entusiasmados coa idea de ter un na nosa hortiña. 

Incluso inventaron un criadeiro de miñocas!








Este pasado Mércores, acabouse a espera e trouxéranolo. Nós mesmos o montamos e escoitamos moi ben como temos que empregalo e mantelo.










Agora.. a por en marcha todo o aprendido! :D




xoves, 21 de febreiro de 2019

CREARTE

O venres pasado fumos de convivencia a Vilameán para realizar a primeira parte do taller de Crearte deste ano. Consitía en realizar un taller de barro. Primeiro experimentamos libremente e fixemos obras orixinais. E logo seguimos a técnica de Munari: tirábamos un pedazo de barro ó aire e decidiamos como chamarlle ó resultado. Saíron barcos, cohetes, chuletóns...












Pasámolo xenial. Estamos desexando volver para rematar as nosas obras.



xoves, 14 de febreiro de 2019

FELIZ DÍA DO AMOR A TOD@S!


MURAL DO AMOR

Ó longo desta semana traballamos máis profundamente o sentimento do amor, xa que os nenos viñan contando que esta semana sería San Valentín e preguntabanlle ós seus compañeiros se eles estaban enamorados.

Aproveitamos este interés para falar máis detidamente sobre o amor. Que é?, Como nos fai sentir?, Estamos enamorados?, de que ou quien?

Isto deu pé a elaboración dun mural de pintura libre sobre o amor....










Despois de debuxar neste papel continuo que é para nós o amor, fixemonos varias fotiños para celebrar o noso amor polos nosos compañeiros empregando o noso mural de fondo.














Tamén o empregaremos de fondo para outras sorpresiñas que temos preparadas.... xa vos iremos ensinando :D

luns, 11 de febreiro de 2019

Ó RESCATE!!

O venres ó chegar ó cole, encontrámonos cunha misión moi importante: rescatar a uns animais que se conxelaran. Que con este frio que vai, xa se sabe!

Para a nosa misión empregamos 3 cousas esenciais:

-Sal
-Auga quente
-Intrumentos para picar: cuchara e martillo.

A medida que se desconxelaban, decatámonos que eran animais da Antártida.

E así abrimos a nosa nova investigación.











COLGADOR DE PERLAS

O outro día coñecemos este novo material Montessori. Encantoulles!





















xoves, 7 de febreiro de 2019

XOGOS DE MESA


Un día á semana, normalmente os xoves, despois do recreo sempre reservamos unha sesión para gozar dos xogos de mesa.

Xogar a xogos de mesa cos cativos é esencial xa que, ademais de pasar un bo rato con eles, están aprendendo moitísimo.

Cada vez os máis cativos vanse afacendo ás normas implícitas dos xogos, van aprendendo a agardar quenda, superando as súas frustracións, desenvolvendo a súa motricidade fina, traballando as matemáticas (conteo, asociación número-cantidade, maior-menor..) ademais de reforzar tamén outros coñecementos como as cores, os animas, as partes do corpo, etc.

En definitiva, aprenden xogando, que é sen dúbida a mellor maneira de aprender :D















AUTONOMÍA

Cada vez van ganando máis confianza en si mesmos, a medida que se van volvendo máis autónomos.
Hoxe, L. e E. estaban moi contentos por ser capaces xa de, traballando en equipo, dobrar a manta do recuncho da biblio.



RESTAS

Esta semana atrevémonos coas restas. 













mércores, 6 de febreiro de 2019

SEMANA DO LEITE

Dende o pasado luns, todas as aulas do CRA estamos a repartir leite na hora do almorzo, grazas ó plan proxecta, na súa modalidade ''Alimentate ben''.












Esta semana, nos propuxémonos facer unha investigación-estimación sobre o seguinte: cantos cartonciños pequenos de leite (200ml) son necesarios para chegar ó grande dun litro? Planteamos a hipótese, expuxemos diferentes posibilidades e logo comprobamos o resultado empregando o vaso de medición.




Qué sorpresa cando nos enteramos de que Dimas acertara! :D