O venres xuntámonos todas as aulas do CRA na escola de Vilameán para realizar a segunda parte da actividade de CREARTE deste trimestre: Pintar as nosas esculturas de barro.
Ese día tamén viñeron a darnos unha charla ''Ponlle as Pilas ó teu bocata'' falándonos da importancia de consumir certos alimentos de conserva que proveñen do mar. Eles mesmos preparáronos o almorzo para ese día: bocatas de conservas!! :D
Ningún comentario:
Publicar un comentario