sábado, 18 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso CRA preparou para este día tan especial a seguinte instalación.

A historia que hai tras dela é a seguinte: a nosa lingua está ferida, e nós (nen@s e mestres/as do CRA) cosemos en vendas diferentes palabras na nosa lingua para sanala. E tamén lle puxemos axóuxeres para simbolizar a importancia de que a nosa lingua soa, ten voz, ten falantes e está viva.

O pasado Xoves celebramos o noso festival na escola da Aurora e gozamos de sentir dende dentro a nosa instalación, a nosa lingua, o Galego :D


Depois de gozamos de diferentes xogos, da merenda, e fixemos a carreira solidaria.






DÍA DA FAMILIA

O pasado 15 de Maio celebramos o día da familia.

De sorpresa preparamos ó longo da semana anterior uns imáns con Hamma Beads, unha ardua tarefa na que se axudaron moito entre eles. E fixemos tamén unha postal moi bonita.

Pero sen dúbidas, o mellor foi compartir a xornada coas nosas familias xogando a xogos de mesa.




REFORESTACIÓN

O pasado martes todo o CRA fumos reforestar o monte de ''Estás na Auga'' como parte do noso proxecto de Voz Natura.

Pasamos un día estupendo!






domingo, 5 de maio de 2019

XA TEMOS COCINITA NO PATIO!!

O outro día chegou a nosa nova cocinita para o patio. Ímos quedar empachados de tanta tarta de plantas! :D




xoves, 2 de maio de 2019

XOGOS DE MESA

Esta semana a profe Yese deixounos un xogo moi chulo que incluímos na nosa sesión de xogos de mesa, o ''Rápido'. Encantounos! Cada vez ímos mellorando máis na espera de turnos, xestión da frustración e competencias matemáticas e visuais :D










CONVIVENCIA DE PRIMAVERA

Esta semana tivemos unha xornada moi especial na aula de Figueiró. Reunimonos alí as aulas de Figueiró, Seixo 3 e Amorín co obxectivo de conmemorar a chegada da Primavera, xa que a climatoloxía non nos permitiu celebrala antes.


Ó longo da xornada, os pequenos puideron disfrutar de diferentes obradoiros:

  • Plantación de semillas.





  • Intervención artística ''Un campo de flores'' de Hervé Tullet.



  • Collares de pampullos.


  • Ambientación para os nosos patios: pintamos seixos simulando Xoaniñas.





Compartimos a merenda facendo un picnic aproveitando o bó tempo....






Desfrutamos do patio de Figueiró....





E para clausurar a nosa Convivencia, fixemos unha festa con polvos Holi caseiros.





Foi unha xornada estupenda!! Velaquí vos deixamos uns videos do ben co pasamos!



RECOLLEITA DE FABAS















mércores, 1 de maio de 2019

ESPAZO DE MINIMUNDOS

En equipo, deciden a construcción que van a facer e logo diseñan entre todos o seu deseño no papel :D









CONVIVENCIA EN CARREGAL

Unha vez máis, xuntámonos cos nosos veciños de Carregal e Taborda para pasar unha xornada estupenda.

Realizamos xogos de pesca matemáticos, e diferentes obradoiros: de collares, hamma beads e tamén elaboramos un cofre para gardar moitos tesouros do noso paso a primaria.

Chegada a hora de almorzar, preparamos entre todos unhas brochetas de froita riquiiiisimas :D

Cerramos o día coa lectura do conto ¡Vivan as uñas de cores! e pintamonos todos os que se animaron as uñas dos cores que eles mesmos escolleron.

Foi un día máxico :D











UNHA VISITA INESPERADA

Hoxe fixeronos unha visita moi especial... unha bolboreta decidiu visitarnos na nosa aula.

Como tiñamos moito interese  en saber de que tipo de bolboreta se trataba, collemola con moito xeito, evitando molestala o menos posible, e observámola a través dun bote con buracos.





Logo collimos o noso Inventario de bechos de Kalandraka e atopamola! Tratábase dunha ''Saltacercas'' que lle encantan pousarse en sitios cálidos. Por iso a pillamos infraganti na nosa ventana.




Despois... deixamola solta, para que volvera a boar tanquiliña.