martes, 18 de xuño de 2019

EXCURSIÓN A BAIONA FINAL DE CURSO


Este ano fumos de excursión de final de curso a Baiona: fumos ó parque,  a Carabela, merendamos e fumos a praia a nadar e rebozarnos coma croquetas! Foi todo un éxito! :D














UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Onte tivemos un día moi especial.

A raíz da lectura do conto ''Nicolasa ¿y tu casa? surxiu moita curiosidade por saber que era un gramófono.

Descubrimos diferentes sorportes para escoitar música (cassete, CD, Mp3....) e variedade de estilos e formatos. Qué sorpresa cando coñeceron que existen diferentes soportes alén do móbil e o ordenador.

Javi ese día viu a ensinarnos outro xeito: con vinilos.






Foi alucinante ver o atentos que estiveron durante toda a explicación e o moitísimo que lles gustou. Aprenderon a reproducilos, paralos, scratchear...




Saíron auténticos expertos pinchadores de vinilos da sesión de hoxe! :D


MOITAS GRAZAS JAVI!!


CONVIVENCIA EN CARREGAL E VISITA ÓS CABALOS

Como cada mes, volvimos a xuntarnos as escolar de Amorín, Carregal e Taborda. para compartir xuntos unha xornada.

Esta vez pasamos todo o día fora da aula, xa que nos fumos xuntos de ruta para visitar un criadeiro de cabalos,






Estar tan pretiño deles foi increíble!

Logo merendamos e pasamos un ratiño no parque.




Polo camiño atopamos un coche chulísimo!


FOI UN DÍA ESTUPENDO


CONVIVENCIA EN VILAMEÁN

En Maio tamén fixemos unha convivencia especial en Vilameán. Compartimos aprendizaxes relacionados co mar e tamén fixemos diferentes obradoiros: cociña (batido), construccións, mesa de luz... e xogamos moito! :D









PARABÉNS N.!

En Maio foi o aniversario do noso compañeiro N. e  festexamos por todo o alto as súas 5 voltas ó sol.



PARABÉNS N. A DISFRUTAR!!!