domingo, 28 de xaneiro de 2018

EXPLORAMOS NOVO MATERIAL

Á volta das vacacións, atopámonos na escola cun material moi especial... Madeira para facer construcións! Pronto puxeronse mans á obra para probalo e inventar nomes e usos as súas creacións.


Fixeron casiñas...





Edificios...


Vías do tren...


Tótems...





Pontes...



E ata tarimas flotantes!!!



Logo animáronse a facer en equipo unha gran ponte, coma a de Rande!


EQUIPO DE RESCATE NA ESCOLA

O outro día tivemos unha visita sorpresa... un paxaro entrou na clase durante o recreo!
Logo o pobre asustouse coa nosa emoción por velo e non era quen de volver saír. Así que, moi coidadosamente, cun ganapán e moito traballo en equipo, rescatámolo! Logo despedímonos del con agarimos e devolvémolo fóra para que puidese volver a súa casiña.


Ata a próxima amigo! 


UN DÍA MOI ESPECIAL

En Decembro tivemos un día moi especial, xa que foi o aniversario da nosa amiga Antia que xa ten 5 aniños!! Parabéns!!! :)




QUÉ BOA NOTICIA!!!

QUE SERÁ O QUE XERA TANTA CURIOSIDADE NA NOSA ESOLA?


Pos ben... é que temos a gran sorte de que..... ÍMOS TER HORTA ESTE ANO!!! :D


E claro, non nos podíamos quedar de brazos cruzados e animámonos a axudar. Había moitísimas pedras que quitar! E nós aproveitamos o momento para xogar a que recollíamos patacas. Pasámolo xenial! :D


Estamos moi emocionados con este novo proxecto de horta. Xa temos moitas ganas de que chegue o luns para adicarnos a sacar máis pedriñas e preparar o terreo para a nosa hortiña. Deixovos aquí unha mostra do noso traballiño.