xoves, 9 de novembro de 2017

MERENDAS OTOÑAIS

Aproveitando a froitiña que nos trouxo o Panadeiro, fixemos unha lambetada moi propia desta estación....



Pásamolo xenial durante toda a elaboración, sobre todo cando rematamos e aproveitamos o chocolate que sobrou... jajaja :)

Aquí vos deixo unhas fotiños do proceso:







SORPRESA!!

Pois o que andabamos argallando era isto... a representación propia do cuadro de Edvard Muncho: O grito.

Coñecimos un pouquiño a vida do pintor, algúns dos seus cuadros máis famosos, falamos máis concretamente deste cadro: de que título pensabamos que tiña, das súas cores, das sensacións que nos transmitían, etc.

Tamén inventamos unha pequena historia do motivo polo que o 'home' do cadro gritaba. As interpretacións foron moi variadas e orixinais:

- Porque se perdeu dos seus pais.
- Porque estaba a xogar ó futbol e rompeu unha ventá.
- Porque o pintor lle deu un susto.

E incluso os máis observadores apuntaron:
- Porque se acaba de dar conta de que perdeu o barco (no cadro vese uns pequenos barquiños no fondo).

Velaquí vos deixo as nosas dramatizacións da nosa propia versión desta obra.

Esperamos que vos guste!!




mércores, 25 de outubro de 2017

TEMOS UNHA INVASIÓN DE MOUCHIÑOS!!

Con motivo do Outono temos unha invasión de mouchiños na clase! 😄


BIQUIÑOS DE GNOMO

Hoxe Enara, por mor de estar tratando na aula os medos e monstruos, trouxonos un libro xenial. Nel contábanos a historia de diferentes seres fantásticos: Fadas, Gárgolas, Ents, Xigantes... Sen dúbida os que máis nos gustaron foron os Gnomos.



Falando destes xurdiu unha pregunta: sabedes como son os bicos dos gnomos?? Pronto se puxeron por parellas para bicarse ó estilo gnomil. Foi moi divertido! Qué cóxegas no nariz!!



Moitas grazas Enara! Encantounos! 😄

UMMMM... SOSPEITOSO...


PISTA: de medo vai a cousa...