sábado, 6 de abril de 2019

PARABÉNS E.!!

O pasado xoves foi o Aniversario de E. que nos invitou a unha super merendola con doces e bocadillos riquísimos. Celebramolo cantándolle e dando 6 voltiñas ó redor do sol. Qué grandes xa se están facendo todos!










Querémoste moito E.!!! :D

DE EXCURSIÓN A GUARDA!

O mércores fumos de excursión a Guarda cos nosos compañeiros de Figueiró, Seixo 3, Carregal, Seixo 2 e Estás.

Como sempre pasa na nosas saídas, unha das mellores cousas é poder viaxar en autbús, encántanos!




A nosa primeira parada foi as Redeiras. Aprendimos un montón de cousas sobre diferentes instrumentos de pesca: redes e nasas. Como se fan, como se melloraron ó longo do tempo, que instrumenos empregan para fabricalas... e ata nos ensinaron a artesanía que elas mesmas fabrican aqueles meses que teñen menos traballo relacionado coas redes, fan cousas fermosas! E tamén nos ensinaron os seus tesouros... unha espada dun pez espada e unha boca de Quenlla!!!



























A nosa seguinte parada foi a Praia, na que descansamos un ratiño e recollimos cunhas :D






Logo fumos merendar un menú moi especial de mar: croquetas de peixe e pizza de mariscos!





 E finalmente, fumos visitar o porto e a lonxa: vimos percebes e erizos de mar recén capturados e ensinaronos diferentes embarcacións de baixura. Foi unha mañan moi interesante!






PARABEEEENS!!

Queda inagurado Marzo como o mes do noso cole sen lugar a dúbidas este ano :D

Esta última semana de Marzo celebramos o de L. e D. que aínda que D. estivo en Novembro, non llo puideramos celebrar, así que aproveitamos para facelo conxunto.

Qué ben o pasamos!!












Paraben Amoriños! Que todos os vosos soños se fagan realidade sempre! :D