sábado, 24 de febreiro de 2018

UN CAMBIO DE AMBIENTE

Coa apertura do almacén no cole, tivemos a sorte de poder ampliar o noso espazo na aula, o que nos permitiu facer algúns cambios na clase: recantos máis amplos, novos ambientes, espazos de xogo...

Aproveitando esta maior liberdade de movemento, comezamos agora as mañas sempre cun tempo de actividades individuais ou en parella nas que os nenos traballan diferentes habilidades e contidos. Estas están delimitadas sempre con alfombras ou tapetes. Cando queren cambiar poden, sempre e cando teñan sitio no novo espazo (nunca máis de 1 ou dúas persoas, depende da actividade proposta). Comezamos esta semana con esta dinámica e a verdade e que os Amoriños están moi motivados. Déixovos algúns exemplos: 










1 comentario:

  1. Cómo me gusta o cambio, a aula parece moito máis grande. Moi bonita. Noraboa e a seguir coas propostas. Seguro que copiaremos algunha!!!

    ResponderEliminar