sábado, 18 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso CRA preparou para este día tan especial a seguinte instalación.

A historia que hai tras dela é a seguinte: a nosa lingua está ferida, e nós (nen@s e mestres/as do CRA) cosemos en vendas diferentes palabras na nosa lingua para sanala. E tamén lle puxemos axóuxeres para simbolizar a importancia de que a nosa lingua soa, ten voz, ten falantes e está viva.

O pasado Xoves celebramos o noso festival na escola da Aurora e gozamos de sentir dende dentro a nosa instalación, a nosa lingua, o Galego :D


Depois de gozamos de diferentes xogos, da merenda, e fixemos a carreira solidaria.






Ningún comentario:

Publicar un comentario