Un día á semana, normalmente os xoves, despois do recreo
sempre reservamos unha sesión para gozar dos xogos de mesa.
Xogar a xogos de mesa cos cativos é esencial xa que, ademais
de pasar un bo rato con eles, están aprendendo moitísimo.
Cada vez os máis cativos vanse afacendo ás normas implícitas
dos xogos, van aprendendo a agardar quenda, superando as súas frustracións,
desenvolvendo a súa motricidade fina, traballando as matemáticas (conteo,
asociación número-cantidade, maior-menor..) ademais de reforzar tamén outros
coñecementos como as cores, os animas, as partes do corpo, etc.
En definitiva, aprenden xogando, que é sen dúbida a
mellor maneira de aprender :D
Ningún comentario:
Publicar un comentario