Esta partiu do marabilloso conto de Annabelle 'No hay tiempo', que nos invita a reflexionar sobre o ritmo frenético do noso día a día que nos condiciona a nós e tamén ós que temos cerca.
Con este motivo, animamos as familias a que pensaran nun tempo da súa vida que fora importante para eles. Unha vez seleccionado, introducirían nun bote unha foto ou obxecto que representase este momento e o acompañase cunha tarxetiña na que explicase esa relación tempo-obxecto.
O resultado: 120 botes de cristal cheos de 120 historias vitais que lembrar: ecografías, fotografías de momentos en familia, obxectos persoais de persoas que nos abandonaron hai pouco...
Os mesmos profes e alumnos tamén contribuímos nesta instalación, plasmando os nosos pensamentos en barquiñas de papel que conducen á rede na que están pendurados os botiños.
Todos os visitantes que acudan ó Mercado estes días, poderán participar escribindo o seu momento nunha das barquiñas de papel que alí atoparán e penduralo tamén.
Estamos seguros de que se todos tivésemos tempo para dedicarllo a todas as accións que se recollen na nosa instalación, a PAZ estaría máis preto de deixar de ser unha utopía para converterse nunha realidade.
Agradecemento especial a Ángela, por ensinarnos esta preciosa historia, a Sara, por ser unha coordinadora xenial e ó resto do equipo de biblio que somos un equipazo! E tamén ás familias, nenos e profes que contribuíron, sen vos a nosa instalación non sería posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario