-Recanto dos actores (xogo simbólico)
-Recanto das letras (lectoescritura)
-Recanto dos matemáticos (lóxica-matemática)
-Recanto dos contos
-Recanto dos artistas
-Recanto das experiencias
-Recanto dos internautas (ordenador)
Escólleno libremente, sempre tendo en conta as seguintes limitacións:
- Poden cambiarse de recanto sempre e cando recollan antes no que estiveron e que non esté cheo o recanto o que queren ir (xa que cada recanto ten un límite de persoas 2 o 3 dependendo).
- Antes de repetir recanto dentro da mesma semana, teñen que pasar por todos os demáis.
Este sempre é un dos seus momento preferidos do día, e o máis sorprendente, e que na mayoría das veces, os nenos escollen facer actividades complexas que realizamos noutros momentos do día anteriormente: retratos, sumas, puzzles, representacións teatrais... Ademáis, ó traballar en pequenos grupos ou parellas, os nenos tamén traballan diferentes habilidades sociais: compartir, chegar a un acordo para decidir a que xogar, etc. Canto se aprende xogando!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario