Aínda que se mostra algo tímida, a Primavera xa está aquí! E a falta de bo tempiño para disfrutala fóra, que é como nos gustaría, pois levamos para dentro da clase un campo de flores e xa está :D
E para facelo de forma máis divertida, seguimos o desenvolvemento do taller do pintor Hervé Tullet: Un campo de flores:
Comezamos facendo puntiños pequenos, logo máis grandes...
Logo fixemos círculos de diferentes tamaños....
Logo puxémonos de pé e deixabamos caer o pincel.... (unha das cousas que máis nos gustou! :)
Logo pintamos puntos dentro doutros puntos, de círculos, círculos é máis círculos....
E finalmente pintamos un debuxiño libre: liñas, vacas, persoas, ata unha xirafa! A ver se os atopades!!
E finalmente, observamos o noso cadro, e convertémolo nun campo de flores. :)
Que chulada!! Un destes día probaremos na aurora, seguro que o pasamos fenomenal coma vós!!
ResponderEliminar