mércores, 12 de setembro de 2018
UN DÍA MOI ESPECIAL
Hoxe foi o primeiro día de cole deste novo curso dos Amoriños. E xa vos contamos que foi un día estupendo de reencontros e novas amizades. Pasámolo xenial!
martes, 28 de agosto de 2018
domingo, 13 de maio de 2018
ESTRALOQUES
O outro día X. trouxo á aula a planta que da nome a nova palabra que nos ensinou Iris: ESTRALOQUES.
Contounos todo o que sabía sobre ela e probamos a facer 'croques'. Xogamos coa palabra explorando a súas letras e despois atrevémonos a facerlle un retrato. Este foi o proceso e resultado... esperamos que vos guste!
BATIDO DE FRESA
O leite é o producto principal que obtemos da vaca, e por iso estamos aprendendo moito sobre ela: xa fixemos experimentos, coñecemos os seus derivados... e tamén estamos aprender algunhas receitas sinxelas. O outro día por exemplo, fixemos batido de fresa.
venres, 4 de maio de 2018
HORTA ECOLÓXICA
Hoxe puxemos en marcha a nosa hortiña ecolóxica. Coñecimos un montón de ferramentas da man da mamá de E, preparamos o terreno e aprendemos como ila mantendo.
Agora porémola máis bonitiña pouco a pouco e mimaremola un montón!
Moitas grazas ás mamis que se achegaron axudarnos! :D:D
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)