luns, 28 de xaneiro de 2019

CONVIVENCIA CON CARREGAL E TABORDA

O pasado mércores compartímolo cos nosos amigos de Carregal e Taborda na nosa escola de Amorín.

Pasámolo día xogando en propostas, facendo experimentos con ovos, preparamos paté de mexillóns e atún para a merenda, xogamos no patio e fixemos tamén una sesión moi especial de Ioga coa profe Merchi que é toda unha especialista.

Foi un día estupendo. Temos moitas ganas de repetir! :D














luns, 21 de xaneiro de 2019

xoves, 17 de xaneiro de 2019

ARTISTAS

o noso recunchiño do artista.




INVERNO


Durante este mes de Xaneiro, introducímonos de cheo no Inverno, que viu da man de moitas xeadas na nosa escola. É por iso que estes días temos moitas propostiñas nos nosos recantos sobre os copos de neve. Deixámosvos por aquí algunhas das que máis nos gustaron :D














¡¡SORPRESA!!

Á volta de vacacións, atopamos na clase unha sorpresa moi especial: dous regaliños que resultaron ser unha granxa, que incorporamos no noso recanto de linguaxe e tamén un puzzle novo de 50 pezas de dinosauros.

Estamos encantados coa sorpresa :D