xoves, 3 de maio de 2018
SORPRESA!!
A mami de P. trouxonos á escola 5 bolas grandes de plastilina casera de diferentes olores e cores. Consérvase xenial na nevera e é moi moldeable! Os nenos quedaron encantados. Moitas grazaaaas!
ÍMOS Ó TEATRO
En abril tamén fumos ó teatro.
Incluso nos deu tempo e paramos tamén a xogar no parque de Castrelos!
SAÍDA Ó RÍO DA PEDRA
O outro día fumos de excursión a un sitio moi especial.... tiñamos tantas ganas de chegar, que non nos daba chegado o bus!
Todo o CRA saímos a reforestar un monte que se viu afectado polos incendios deste ano.
Ó rematar, compartimos todos xuntos o día xogando por equipos a xogos tradicionais, merendamos cun picnic e despois xogamos máis libremente.
A experiencia foi xenial. Os pequenos pasárono pipa!
CREARTE EN VILAMEÁN
En Abril tamén tivemos unha segunda convivencia de Crearte en Vilameán, na cal compartimos unha xornada de moita arte e moito xogo cos nosos amigos do Seixo 1 e Vilamean.
Ó chegar presentámonos, fixemos uns xogos e bailes e repartimonos por equipos para realizar diferentes talleres:
-Pintar tellas
-Facer flores con cús de botellas
-Crear mandalas con tapóns de colores
Logo merendamos todos xuntos, retocamos as tellas e xogamos a xogos moi divertidos.
Foi un día xenial! :D
Ó chegar presentámonos, fixemos uns xogos e bailes e repartimonos por equipos para realizar diferentes talleres:
-Pintar tellas
-Facer flores con cús de botellas
-Crear mandalas con tapóns de colores
Logo merendamos todos xuntos, retocamos as tellas e xogamos a xogos moi divertidos.
Foi un día xenial! :D
Ó SOLCIÑO
Os últimos días de Abril, Lorenzo deunos tregua e gozamos unha morea de días seguidos do patio! Botabamos de menos xogar ó aire libre! Ata saíron de paseo os nosos caracois :)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)