martes, 18 de xuño de 2019

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Onte tivemos un día moi especial.

A raíz da lectura do conto ''Nicolasa ¿y tu casa? surxiu moita curiosidade por saber que era un gramófono.

Descubrimos diferentes sorportes para escoitar música (cassete, CD, Mp3....) e variedade de estilos e formatos. Qué sorpresa cando coñeceron que existen diferentes soportes alén do móbil e o ordenador.

Javi ese día viu a ensinarnos outro xeito: con vinilos.






Foi alucinante ver o atentos que estiveron durante toda a explicación e o moitísimo que lles gustou. Aprenderon a reproducilos, paralos, scratchear...




Saíron auténticos expertos pinchadores de vinilos da sesión de hoxe! :D


MOITAS GRAZAS JAVI!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario