domingo, 13 de maio de 2018

ESTRALOQUES

O outro día X. trouxo á aula a planta que da nome a nova palabra que nos ensinou Iris: ESTRALOQUES.





Contounos todo o que sabía sobre ela e probamos a facer 'croques'. Xogamos coa palabra explorando a súas letras e despois atrevémonos a facerlle un retrato. Este foi o proceso e resultado... esperamos que vos guste!






 

BATIDO DE FRESA

O leite é o producto principal que obtemos da vaca, e por iso estamos aprendendo moito sobre ela: xa fixemos experimentos, coñecemos os seus derivados... e tamén estamos aprender algunhas receitas sinxelas. O outro día por exemplo, fixemos batido de fresa.






venres, 4 de maio de 2018

HORTA ECOLÓXICA

Hoxe puxemos en marcha a nosa hortiña ecolóxica. Coñecimos un montón de ferramentas da man da mamá de E, preparamos o terreno e aprendemos como ila mantendo.




Agora porémola máis bonitiña pouco a pouco e mimaremola un montón!

Moitas grazas ás mamis que se achegaron axudarnos! :D:D

xoves, 3 de maio de 2018

XOGO POR RECANTOS

Ó longo do ano os Amoriños melloraron un monton na adquisición de hábitos e rutinas do día a día. Unha das nosas é, a última media horiña de clase ter tempo para xogar libremente nos Recantos da aula. Neles os nenos dispoñen de diferentes xogos e materiais dependendo de cada espazo:

-Recanto dos actores (xogo simbólico)
-Recanto das letras (lectoescritura)
-Recanto dos matemáticos (lóxica-matemática)
-Recanto dos contos
-Recanto dos artistas
-Recanto das experiencias
-Recanto dos internautas (ordenador)




Escólleno libremente, sempre tendo en conta as seguintes limitacións:

  • Poden cambiarse de recanto sempre e cando recollan antes no que estiveron e que non esté cheo o recanto o que queren ir (xa que cada recanto ten un límite de persoas 2 o 3 dependendo).
  • Antes de repetir recanto dentro da mesma semana, teñen que pasar por todos os demáis.
Este sempre é un dos seus momento preferidos do día, e o máis sorprendente, e que na mayoría das veces, os nenos escollen facer actividades complexas que realizamos noutros momentos do día anteriormente: retratos, sumas, puzzles, representacións teatrais... Ademáis, ó traballar en pequenos grupos ou parellas, os nenos tamén traballan diferentes habilidades sociais: compartir, chegar a un acordo para decidir a que xogar, etc. Canto se aprende xogando!!!




SIMETRÍAS



MARGARITAS

Reciclando material de refugallo... a profe fixo un xogo novo.

Os máis pequenos intentaban ordenar a recta numérica e por o número de pétalos correspondente.


E os máis atrevidos fixeron sumas


Esperamos que vos gustase a idea! A nós encántanos! 


SORPRESA!!

A mami de P. trouxonos á escola 5 bolas grandes de plastilina casera de diferentes olores e cores. Consérvase xenial na nevera e é moi moldeable! Os nenos quedaron encantados. Moitas grazaaaas!




ÍMOS Ó TEATRO

En abril tamén fumos ó teatro.


Incluso nos deu tempo e paramos tamén a xogar no parque de Castrelos! 


SAÍDA Ó RÍO DA PEDRA

O outro día fumos de excursión a un sitio moi especial.... tiñamos tantas ganas de chegar, que non nos daba chegado o bus!



Todo o CRA saímos a reforestar un monte que se viu afectado polos incendios deste ano.



Ó rematar, compartimos todos xuntos o día xogando por equipos a xogos tradicionais, merendamos cun picnic e despois xogamos máis libremente.







A experiencia foi xenial. Os pequenos pasárono pipa!






CREARTE EN VILAMEÁN

En Abril tamén tivemos unha segunda convivencia de Crearte en Vilameán, na cal compartimos unha xornada de moita arte e moito xogo cos nosos amigos do Seixo 1 e Vilamean.

Ó chegar presentámonos, fixemos uns xogos e bailes e repartimonos por equipos para realizar diferentes talleres:

-Pintar tellas
-Facer flores con cús de botellas
-Crear mandalas con tapóns de colores

Logo merendamos todos xuntos, retocamos as tellas e xogamos a xogos moi divertidos.

Foi un día xenial! :D










Ó SOLCIÑO

Os últimos días de Abril, Lorenzo deunos tregua e gozamos unha morea de días seguidos do patio! Botabamos de menos xogar ó aire libre!  Ata saíron de paseo os nosos caracois :)