mércores, 27 de marzo de 2019

100 DÍAS DE COLE


Hoxe fixemos 100 días indo ó cole (sen contar fins de semana, festivos, convivencias, etc.) E para celebralo... preparamos estas camisetas de 100 cousas que nos gustasen :D



Ademáis tamén fixemos un xogo de estimación coas mandarinas que nos trouxo Antonio. Xogamos a preparar os gajos e estimar se habería máis ou menos de 100.















Foi un día moi divertido. O tempo acompañou moito tamén e aproveitamos para xogar a moitos xogos! :D

TRABALLAMOS COAS FLORES



O outro día cada un trouxo unhas poucas flores da súa casa e acabamos tendo un ambientador natural e moito colorido na clase :D

Empregamolas para facer varias propostas: observalas, cheiralas, clasificalas por cores, buscar o seu nompe e propiedades no Inventario de flores de Kalandraka, etiquetalas, e facer a súa gradación de cores empregando a caixa de cores de Montessori.















Esta actividade encantoulles e deunos pé a pensar cousas como por exemplo: as flores curan? e cómo temos que tomalas? crudas? cociñadas? uummmm... teremos que seguir investigando :D

PARABÉNS!!

A semana pasada X. e B. estiveron de aniversario. Viu a mamá de X. a celebralo con nós dando as voltiñas ó sol. Tivemos torta e un solazo estupendo! :D




















PRIMEIRAS RECOLLEITAS

Estas últimas semanas estivemos recollendo as primeiras verduriñas que nos deu a horta: navicoles e repolos.








mércores, 20 de marzo de 2019

CREARTE: 2ª PARTE

O venres xuntámonos todas as aulas do CRA na escola de Vilameán para realizar a segunda parte da actividade de CREARTE deste trimestre: Pintar as nosas esculturas de barro.













Ese día tamén viñeron a darnos unha charla ''Ponlle as Pilas ó teu bocata'' falándonos da importancia de consumir certos alimentos de conserva que proveñen do mar. Eles mesmos preparáronos o almorzo para ese día: bocatas de conservas!! :D











VISITAMOS @S ABUELIÑ@S DO CENTRO DE DÍA

O outro día pasámolo xenial! Fumos visitar @s abueliñ@s do centro de día.

Despois de que nos ensinasen as súas instalacións (encantounos probar o seu ximnasio)






Compartimos con eles a mañan realizando diferentes obradoiros:















Despois de merendar xuntos, compartimos un momento de conto.






E chegou o momento de despedirnos... non sin antes darlle a felicitación feita por nos a avoíña que estaba de Aniversario ese mes :D






Unha experiencia preciosa. Temos moitas ganas de repetila pronto :D

domingo, 10 de marzo de 2019

8 M - CAMIÑANDO XUNTAS

Este ano, dende o equipo de biblioteca, baseándonos na obra  ''Over the continents'' da artista Chiraru Shiota naceou a iniciativa de crear esta instalación polo día da muller.




¿EN QUE CONSISTIU?

Ó longo do mes anterior a dita celebración, conversouse nas aulas sobre as mulleres máis importante na vida d@s nos@S alumn@s. Propuxemoslles as familias que nos trouxeran un zapato da muller importante das súa vida que, en familia, os representarían ese día, e unha foto exercendo o seu oficio.

Este foi o resultado. A nosa homenaxe particular a todas esas mulleres valerosas e importantes da vida d@s nos@s nen@s.
















Agradecer a toda a Comunidad Educativa que conforma o CRA (familias, profesores, alumnos...) pola vosa implicación e colaboración.

sábado, 9 de marzo de 2019

PARABÉNS P.!!

O pasado xoves foi o aniversario de P. Viñeron a celebralo e acompañalo nas súas 5 voltas ó sol e a compartir o tempo de almorzo con nós a súa familia e trouxeron unha torta caseira xenial!!