luns, 29 de outubro de 2018

CREAMOS MONSTRUOS!

Con este xogo tan xenial xogamos a crear diferentes monstruos





Escolliamos primeiro a plantilla que queriamos empregar para facerlle o corpo e repasábamola...




Es despois tirabamos o dado para saber cantas partes do seu corpo lle dibuxabamos: ollos, mans, bocas...




o resultado foi tremendamente monstuoso... :D


venres, 26 de outubro de 2018

mércores, 24 de outubro de 2018

PRIMEIRA PLANTACIÓN DESTE CURSO NA NOSA HORTIÑA

Hoxe o profe Noé trouxonos unha sorpresiña á aula: cousiñas para plantar na nosa horta!!

Plantamos repolos, coliflores, allos puerro, cebolas, leitugas, fabas, guisantes e grelos.






Moitas grazas profe Noé pola sorpresa e a tua axuda!! :D

CONVIVENCIA CON SEIXO 3 E FIGUEIRÓ

O pasado martes, fixemos unha convivencia no Seixo. Compartimos a mañá cos nosos amig@s de Seixo 3 e Figueiró facendo talleres, cancións e xogos de Sanmaín.

Aquí vos deixo unhas fotiños deste día tan especial :D



























ANIVERSARIO DE XIAN

Este novo curso comezamos a por en marcha a celebración da vida ó estilo Montessori. Ós nenos encántalle que as familias veñan compartir con nos cousiñas do proceso de embrazo, o seu nacemnto, e cousiñas máis representativas de cada ano que foron cumplindo.



Este mes celebramos un Aniversario do Verán, o de Xián.





Depois merendamos todos xuntos e soplamos as veliñas da tarta ó estilo tradicional :D





E, xa que estamos dando o proxecto do mar, preparamos entre todos un regalo moi especial para Xian: un botiño reciclado de cristal, no que metimos mensaxes bonitos, area e pedriñas. Foi todo un éxito as nosas mensaxes na botella :D




Felicidades Xian! Que todos os teus soños se cumpan sempre! :D


A NOSA MESIÑA DO OUTONO


PROPOSTIÑAS DESTES DÍAS








CONVIVENCIA CON CARREGAL E TABORDA

O outro día foi moi especial, xa que compartimos a mañá cos nosos amigos de Carregal e Taborda, os cales serán os nosos compañeiros cando pasemos a ir ó cole de Sobrada.

Pasamos a mañá cantando, facendo ioga e xogando tanto dentro da escola de Amorín como no patio.

Fixemos un montón de novas amizades increíbles!!










Esperando vervos pronto compañeiros!! :D

PONDO BONITO O NOSO PATIO

Estes días que fai bo tempo estamos aproveitando tamén para reciclar rodas e palets e por así bonito o noso patio. Iremovos ensinando máis :D




TELARAÑA DO VERÁN

Durante os primeiros días, os cativos foron traendo á escola recordos representativos do seu verán.

E trouxo o seu casco vello
P e D fotiños das súas vacacións
X.M unha mazorca de millo que lle lembra ás cores do sol
E os seus manguitos que xa non precisa
N unha foto da tempada que pasou no hospital
L e D un saquiño de area da súa praia preferida





Con todos eles formamos unha telaraña de lembranzas do verán para telo sempre pretiño nosa.

CHEGARON CONTOS NOVOS A NOSA BIBLIO!!


Chegaron contiños novos a nosa biblio de Amorín e non podemos estar máis emocionados :D




martes, 23 de outubro de 2018

VISITAMOS A IRIS

Como todolos anos, en Outubro ímos visitar a nosa biblioteca de centro e a que os novos coñezan a Iris, a mascota da biblio.


 Compartirmos este día tan especial cos nosos amigos de Carregal, Taborda e Seixo 3, que nos acolleron na súa aula.






Depois de coñecer a Iris e a biblio, aproveitamos para achegarnos ó Mercado e visitar os diferentes postos, dando especial relevancia a pescadería, xa que este ano o noso proxecto de centro é do Mar.



FESTA DA AUGA

Estes primeiros días de cole, con tanto calor... decidimos facer un recreo especial e... montamos unha festa da auga!!


POSTA EN MARCHA DA HORTA

Este ano, temos a gran sorte de contar coa axuda do profe Noé para por en marcha a nosa hortiña. Para comezar, tocounos limpar todo e remover a terra. Somos todos uns profesionais como podedes ver :D


ARTISTEANDO

Probamos a pintar sobre diferentes soportes... esta vez sobre papel film. Encantounos!









FACEMOS LIMONADA! :D

Estos primeiros días de cole, coa calor sentounos de marabilla preparar a nosa propia limonada.