luns, 26 de febreiro de 2018

ÍMOS DE PASEO... PI! PI! PI!

Hoxe foi un día moi especial, xa que, ademais de compartir o noso día cos nosos amigos de Estás e Seixo 3, tamén fumos ó auditorio de Goián a ver un contacontos. Pasámolo moi moi ben! Sobre todo no viaxe en bus, porque tivemos a gran sorte de ter un conductor xenial!!



Quedamos con moitas ganas de repetir a experiencia, pero para a próxima os Amoriños din que en tren!! :)



sábado, 24 de febreiro de 2018

VOTACIÓNS EN AMORIN

En Amorín, cando dubidamos moito nunha toma de decisións, votamos. A que xogo xogamos?, Que conto dramatizamos hoxe?

Como o facemos?



Cada un ten un pau dunha cor que leva escrito o seu nome. Pomos as diferentes opcións sobre a mesa e cada un coloca o seu pau na opción escollida, explicandolle ó resto o porqué da súa decisión. Logo facemos reconto e comprobamos o resultado.

Desta maneira, os nenos inícianse no acto democrático de votar, aprendendo a expresar as súa opinións e intereses, o cal moitas veces implica tamén o feito de dialogar e negociar cos seus compaleiros co fin de conseguir o resultado desexado. Isto é moi importante, xa que, tendo en conta as opinións e gustos dos seus compañeiros, os nenos van superando a fase egocéntrica que os caracteriza nestas idades.

Esta dinámica axúdalles tamén a aprender a autoregularse e controlar a súa frustración en caso de que o resultado non sea o esperado. Coñecendo e espectando outros puntos de vista.

Finalmente, facendo o reconto e escribindoo na nosa pizarra traballamos tamén a medida e comparación de cantidades, así como a lectoescritura.

Velaquí unha desas actividades pequenas pero cun gran contido.


:)

HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO

O vindeiro 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Con tal motivo, no cole quixemos celebralo, e para iso coñecemos o poema 'Parece unha rosa'. 

Gustounos tanto tanto que logo xogamos a facer rimas cos nosos nomes, foi moi divertido!

Logo no noso recanto de Arte, fixemos un pequeno espazo dedicado a Rosalía, e para iso fixemos unhas rosiñas fermosas con cartolina que tinguimos de rosa coa técnica plástica de salpicado. Logo fixemos unha espiral e escribimos o nome de Rosalía, fixémoslle debuxos e algúns ata escribiron a estrofa do poema que máis lle gustaba! Recortámola e enroscámola e deixamos preparada as nosa rosiñas. Este foi o resultado: 










AVANZAMOS NA AUTONOMÍA

Cun truquiño moi especial algúns xa están aprendendo a atar os zapatos.... mirade mirade!


UN CAMBIO DE AMBIENTE

Coa apertura do almacén no cole, tivemos a sorte de poder ampliar o noso espazo na aula, o que nos permitiu facer algúns cambios na clase: recantos máis amplos, novos ambientes, espazos de xogo...

Aproveitando esta maior liberdade de movemento, comezamos agora as mañas sempre cun tempo de actividades individuais ou en parella nas que os nenos traballan diferentes habilidades e contidos. Estas están delimitadas sempre con alfombras ou tapetes. Cando queren cambiar poden, sempre e cando teñan sitio no novo espazo (nunca máis de 1 ou dúas persoas, depende da actividade proposta). Comezamos esta semana con esta dinámica e a verdade e que os Amoriños están moi motivados. Déixovos algúns exemplos: 










XOGO DO SILENCIO

Ó longo da xornada precisamos de estratexias que nos axuden a relaxarnos e baixar un pouco o ritmo frenético do día. Para iso, ademais de facer ioga, en Amorín tamén empregamos un xogo que nos gusta moito: o xogo do silencio.

Este ademais axúdalles a mellorar a súa concentración, o traballo en equipo, o autocontrol, a conciencia do propio corpo e potencia os seus sentidos.



SEMANIÑA DE ENTROIDO

Na semaniña de entroido pasamolo xenial!!

Un día tocounos vir dunha soa cor, outra coa cabeza decorada e os pes con diferentes zapatos, outra en pixama, e outra libre! Incluso fixemos un pequeno obradoiro de pintacaras.




Ese venres de Entroido fixemos unha convivencia cos nosos amigos de Estás e Seixo 3. Ó longo do día xogamos por recantos, bailamos cancións de entroido para quentar motores e cargamos pilas merendando cousiñas típicas que nos trouxeron con moito cariño as familias: filloas, orellas, flores... estaba todo boísimo!

E despois para rematar... preparamonos para o noso desfile cos disfraces que preparamos das Meninas e Velazquez :)