xoves, 31 de xaneiro de 2019

CONVIVENCIA POLO DÍA DA PAZ

Onte festexamos o día da paz cunha convivencia moi especial. Fomos os anfitrións dos nosos amigos do Seixo 3 e de Figueiró.

Pasámolo xenial realizando os diferentes obradoiros: botellas da calma, mandalas, laboratorio artístico con palabras relacionadas coa paz, preparar as nosas mensaxes nos barcos de papel...

Foi unha xornada estupenda, na que aprendemos, creamos, traballamos en equipo, compartimos, convivimos e estreitamos lazos cos nosos compañeiros.

TEMOS MOTISIMAS GANAS DE REPETIR :D

Velaquí vos deixamos alguns recordos dese día















































Ningún comentario:

Publicar un comentario