mércores, 24 de outubro de 2018

TELARAÑA DO VERÁN

Durante os primeiros días, os cativos foron traendo á escola recordos representativos do seu verán.

E trouxo o seu casco vello
P e D fotiños das súas vacacións
X.M unha mazorca de millo que lle lembra ás cores do sol
E os seus manguitos que xa non precisa
N unha foto da tempada que pasou no hospital
L e D un saquiño de area da súa praia preferida





Con todos eles formamos unha telaraña de lembranzas do verán para telo sempre pretiño nosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario