xoves, 9 de novembro de 2017

SORPRESA!!

Pois o que andabamos argallando era isto... a representación propia do cuadro de Edvard Muncho: O grito.

Coñecimos un pouquiño a vida do pintor, algúns dos seus cuadros máis famosos, falamos máis concretamente deste cadro: de que título pensabamos que tiña, das súas cores, das sensacións que nos transmitían, etc.

Tamén inventamos unha pequena historia do motivo polo que o 'home' do cadro gritaba. As interpretacións foron moi variadas e orixinais:

- Porque se perdeu dos seus pais.
- Porque estaba a xogar ó futbol e rompeu unha ventá.
- Porque o pintor lle deu un susto.

E incluso os máis observadores apuntaron:
- Porque se acaba de dar conta de que perdeu o barco (no cadro vese uns pequenos barquiños no fondo).

Velaquí vos deixo as nosas dramatizacións da nosa propia versión desta obra.

Esperamos que vos guste!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario