Este ano en Amorín comezamos coa iniciativa promovida en todas as escolas do CRA Mestre Manuel Garcés: A figura do Panadeiro. Así, tódolos días o Panadeiro traenos a nosa merenda. Por iso, na nosa aula, ademáis de ter o encargado do día (que pasa lista, encargase de poñer o calendario, o tempo...), tamén temos outros encargados que desempeñan a súa función durante unha semana enteira. Estes son: os cociñeiros, que se encargan de preparar a merenda (montar os bocatas, calentar o leite no microondas, preparar os iogures...), os camareiros, que se encargan de repartir os manteis, vasos, culleres..., e os limpiadores, que son os encargados de limpiar a mesa e o chan. Logo cada ún recolle e limpa o seu servizo.
A verdad e que os pequenos están super emocionados con todo o proceso: recibir ó panadeiro, preparar a merenda, servir, limpar, facer reconto das moedas para pagar ó final do mes... Está resultando ser todo un éxito!
Aqui vos deixo algunhas capturas de diferentes días
E cando todo está listo... A MERENDAAAAR!!
Xenial eses responsables. O do panadeiro é todo un éxito, sen dúbida.
ResponderEliminar